Exposición fotográfica: 40 ANOS DE VILARMAIOR

O próximo día 8 de abril ás 8 da tarde, inauguraremos a exposición fotográfica “40 anos de Vi- larmaior”.

A exposición estará aberta ao público durante os días 8 e 9 de abril no salón de actos da Casa da Cultura de Vilarmaior.

Está composta con perto de cen fotografías, a maioria en blanco e negro, de lugares, actividades e persoas da parroquia.

Todas as fotografías foron facilitadas por persoas da parroquia e queremos que queden como un patrimonio cultural e histórico da Asociación de Veciños.

 

Esta mostra desexamos que sexa un principio de recuperación de fotos históricas da parroquia e aspiramos a seguir ampliandoa con novas incorporacións que vaiades facilitando á Asociación para a súa dixitalización e para intentar recuperar todo este legado que non podemos deixar que se perda.

 

 

Despois destes dous días, a exposición pasará a ser permanente no local da Asociación de Veciños.

 

Dende este momento, animamosvos a visitala e ampliala coas vosas aportacións.

 

Agardamos que vos guste.

Directiva AA.VV. A Armonía.